A EFF seleccionou "Ponlle as pilas ao eu bocata" para participar na Conferencia sobre o FEAMP

A EFF (European Fisheries Fund) seleccionou o proxecto Ponlle as pilas ao eu bocata para estar presente na Conferencia sobre o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEAMP) que se celebrará en Tallin, Estonia, os días 12 e 13 de outubro de 2017 baixo o título “Máis aló do 2020: Apoio ás comunidades costeiras de Europa”.

O evento reunirá a expertos de toda a Unión Europea para examinar a forma en que o FEAMP contribúe a apoiar a aplicación da Política Pesqueira Común e a Política Marítima no actual período de programación (2014-2020) e representará a oportunidade de discutir os retos actuais e futuros das comunidades costeiras, así como as posibles respostas políticas.

O proxecto da Xunta de Galicia Ponlle as pilas ao eu bocata estará presente en formato póster (“Promoting consumption of canned fish”) e tamén se exhibirá no Parlamento Europeo e noutros eventos organizados pola Comisión Europea e pola FAME Support Unit.

Web oficial da Conferencia sobre o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEAMP) |  Ver Poster "PROMOTING CONSUMPTION OF CANNED FISH"